Consejos para cambiar tu relación con la energía
A miña mobilidade
Estamos a cambiar o xeito no que usamos a enerxía nos nosos desprazamentos. O transporte é o maior consumidor de enerxía en España e aínda depende en gran medida dos combustibles fósiles. Para mellorar é clave fomentar un uso máis racional do coche e promover opcións sostibles como camiñar, a bicicleta, o transporte público ou os vehículos eléctricos. Presentámosche consellos prácticos para reducir o impacto ambiental e facer as nosas viaxes máis eficientes e sostibles.
Que é a mobilidade?
A mobilidade eficiente e sostible refírese ao movemento de persoas e bens de xeito eficaz (acadando os mesmos obxectivos empregando a menor cantidade de recursos) e sostible (asegurando que este método se poida manter a longo prazo sen esgotar os recursos nin causarlle un dano significativo ao medio ambiente).A mobilidade urbana, pola súa parte, enfócase nos desprazamentos dentro das áreas urbanas.
Mobilidade urbana:
tips para movernos pola cidade
Usa o transporte público ou comparte coche; evita conducir se podes.
Para distancias curtas, camiña ou usa vehículos sostibles como bicicletas ou patinetes.
As rúas sen tráfico favorecen a convivencia e a economía local.
Limita a velocidade a 30 km/h nas cidades para reducir accidentes.
Limita ir ao centro da cidade con vehículos contaminantes. É esencial para mellorar a calidade do aire.
Sabías que...
Estímase que camiñar 25 minutos diariamente pode engadir ata sete anos á nosa esperanza de vida. Ademais, percorrer 8 quilómetros en bicicleta para ir ao traballo catro veces por semana pode reducir ata 750 kg de emisións de CO2 ao ano.➡ Aproximadamente o 40 % do consumo total de enerxía destínase ao sector do transporte, co transporte por estrada representando o 35 % desde consumo final.